viernes, 20 de marzo de 2009

O ser humano e A Rede

Hai unha vella regra de nettiquette que consiste na necesidade de optimizar o uso dos recursos de Internet. Unha das implicacións desta regra é que os blogs e as redes sociais non son desexables: ocupan espacio de servidores, ocupan ancho de banda cando os usuarios os utilizan... incluso poden incrementar o número de respostas dun buscador.

Segundo os partidarios da nettiquette Internet debe de ser unha ferramenta para o libre intercambio de información. O seu grito de guerra podería ser algo así como "non crees webs sobre ti. Non es tan interesante".

E é que as cousas cambiaron tanto dende os primeiros tempo!!! Logo das webs sobre sexo, as redes sociais son o novo xoguete dos internautas, desprazando á descarga P2P. Case calqueira persoa ten alomenos un perfil nunha das múltiples redes sociais existentes.

Tal é o cambio?

Incluso o nome. "A Rede". Internet non é "a rede", nin sequera é unha rede: só é unha maneira de interconectar distintas redes. É a omnipresenza dos novos servizos de Internet o que fai que o seu nome se deslice ata "A Rede", coma un todo.

Incluso "A Rede" que coñecen a inmensa maioría dos usuarios non é máis que unha parte (pequena) dos servicios dispoñibles por Internet.

Polo de agora, os cambios reais nas persoas son moi escasos. A tecnoloxía está nun estado incipiente e dista moito de ter unha accesibilidade universal, nen sequera elevada. Polo de agora as redes sociais, blogs e vídeoblogs non son máis que unha versión da maneira na que nos relacionamos no "mundo real". Pero isto ha cambiar, a non tardar. Axiña a distinción entre "mundo virtual" na rede e o "mundo real" será tan só unha leve lembranza de que nalgún día as cousas eran moi distintas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada