domingo, 29 de marzo de 2009

Un día de solazo

Ás veces escoitase un solitario chapoteo.

Sen ser un gran río infestado de vida, nos vinte ou trinta metros que debe haber ben dunha a outra ribeira algúns peixes saen un intre á superficie, nunca entendín ben por que.

Anque este río está lonxe de ningunha estrada, por fortuna, algúns pescadores amáñanse para tender os seus sedais nos lugares que menos corrente hai. Claro, non van máis arriba, onde a auga baixa salvaxe e as rochas do fondo esconden resbalóns inoportunos e perigosos. Non o semella dende aquí, con estas árbores baixas que apenas poden dar un mínimo de sombra. Hai poucas árbores vellas, todas están moi rareadas, e o curso que se ve dende aquí é lento e preguiceiro. Pero coñezo as rochas que estreitan o cauce logo daquela curva, onde o río se agocha da vista.

Semellase que só catro pescadores desesperados e algún aventureiro extrano tivesen motivos abondo para cruzar as colinas, non moi inclinadas pero sen nengún sendeiro polo que camiñar, puidesen achegarse aquí en busca de solazo. Ben que na vila hai lugares abondo para disfrutar os primeiros raios de sol a carón dalgún regato, non tan fermoso pero si máis cómodo, onde incluso un podería darse un baño na súa fría auga sen ter que esforzarse en non aparecer un kilómetro máis abaixo. Nin sequera que fosen tan concurridos, pois hai sitio abondo para que uns apenas vexan aos outros.

Pero estas refrexións só me asaltan brevemente cando encamiño os meus paso por entre os matorrais camiño do pobo. En canto a miña casa asoma ao final do camiño, esváense, como se nunca estivesen no meu maxín. E co paso dos días, a idea de voltar a escaquearme toma cada vez máis forza, ata o seguinte día de solazamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada