martes, 6 de marzo de 2012

Pais dun futuro esquecido (II)

Así que resulta que nin sequera a predicción do pasado é unha ciencia exacta. A nosa visión tende a ser máis benévola canto máis vemos para o pasado.

Persoalmente gosto moito das novelas do xénero "fantasía épica". Se na miña mocidade resultara atraído polas obras de misterio ou de terror, é na madurez cando máis me decanto polas obras fantásticas. Non é ningún segredo: todo comezou pola lectura dunha versión castelá de "O Señor dos Aneis", e á súa vez todo comezara pola similitude do título con un disco de Helloween...

Boa parte desas obras arrancan nun mundo (por suposto, máxico e fantástico) decadente, onde as personaxes se refiren constantemente a un pasado utópico perdido. Mais esas historias non fan máis que repetir o arquetipo que propoñen a meirande parte das relixións, anque é máis destacable na relixión xudea e nas súas derivadas (cristiá e musulmá): arrancan cun "Paraíso" do que o home é expulsado por algún pecado, sexa o coñecemento, competir con Deus (esta interpretación e curiosamente semellante á da expulsión do que logo deviu en demo)...

Pero tamén hai outros mitos: a Atlántida é quizáis o exemplo máis elocuente de pasado mítico e glorioso. En non só os mitos. Basta con ollar un libro de texto sobre a historia dun lugar dado: no caso de España, é frecuente a sensación de pesar polo imperio perdido.

Mais escrabellar en tales pasados é laboura tediosa. A meirande parte da documentación que resta da nosa Historia foi creada por parte interesada da poboación. Así, na súa maioría foi escrita por nobres e (en Europa) conservada por cregos. Os textos máis interesantes para comprender tales periodos históricos son, polo tanto, os máis triviais: textos xurídicos, alistamentos de calqueira clase...

Quizais esta visión do pasado sexa dende hai séculos a nosa maneira de espreitar o noso futuro. ¿Como prantexarse senón uns obxectivos sen coñecer o camiño para chegar a eles? ¿pode ser que as nosas ilusións sobre o noso pasado sexan os fachos para o noso futuro? ¿ou poida que non sexan máis que excusas para non cambiar, para non se arriscar a millorar?

4 comentarios:

  1. "Y llegará a acaecer que lo que los hombres han construido se hará pedazos y la Sombra se cernirá sobre el Entramado de las Eras, y el Oscuro abatirá de nuevo su mano sobre el mundo humano...
    ...Nada permanecerá de pie ni nada perdurará... Pero habrá uno que nacerá para enfrentarse a la Sombra, nacerá como nació antes y nacerá otra vez, en el correr del tiempo infinito..." Robert Jordan - La Rueda del Tiempo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. juas!! iso é para que trema por terche encambado eses libros? xddd

      Eliminar
  2. Hasta en el refranero te lo van metiendo

    "cualquier tiempo pasado fue mejor"

    Necesitamos conocer el pasado, pero como dices, la historia la escribieron los ganadores, y normalmente no hay una VERDAD inamovible, sino pequeños matices que conforman lo que fue, muchas verdades propias.

    Pero sin duda hay que mejorar, arriesgarse y construir el futuro, aunque no sabemos cual, al igual que con la verdad no hay uno, sino varios a la medida de cada uno...

    Saludos Karl !!

    ResponderEliminar
  3. El pasado consta de una parte de verdad (los hechos) y otra de interpretación, amén de una buena dosis de imaginación. Un ejemplo encillo de Verdad, es que es un hecho que tu madre tuvo al menos un hijo (tú); cualquier otra posibilidad implicaría que no existes.

    La manipulación incluye sobredimensionar los hechos que encajan con nuestra interpretación de los mismos y una minimización de aquéllos que los contrarían. En muchos casos, los primeros pueden incluso inventarse y los segundos ser ocultados.

    No ayuda nuestra propia biología. Nuestro cerebro está preparado para ser optimista (en tiempo pasado) y testarudo. Ambas condiciones son claves para que un animal relativamente débil y consciente de sí mismo y de su mortalidad pueda evolucionar en condiciones muy duras.

    Veremos si puedo hilvanar todo esto para hablar de cómo encaramos el futuro, como especie y como individuos.

    ResponderEliminar