domingo, 24 de mayo de 2009

e hai maxia no aire..

Dende hai séculos, o ser humano rodeouse da beleza e misterio dun mundo que apenas comprendía, quizais sen preguntarse sequera de onde xurdía a súa comprensión do mesmo.

Entón xurdiu a música!!

Os sons organízanse de maneira que son agradables ao oído, e non só iso, senón que semellan conter en si mesmos tódolos sentimentos que abarca a alma.

Algúns sons teñen a mesma tensión que as nosas paisóns, as sublimes, como a compaixón ou o amor, as terribles, como a ira e a dor.

Co tempo foi a fala, e o ser humán deveu en verbas, frases e poesía. Poesía que ceibaba corazóns ata entón mudos ante o mundo.

E a poesía mudou en música, e a música foi xa para sempre poesía.

Quizais algunha vez deixaches que as palabras formasen versos, liñas curtas sen límite de gramática, que só manteñen unha tenue cadencia musical, quizais a leches de outros, grandes escritores premiados por vendas e recoñecementos da súa enorme poesía, e puideches ler esas verbas e aloumiñar sentimentos as veces novos, as veces vellos, sempre belos... Algúns músicos dotados de bastante talento compoñen sinxelas melodías no seu instrumento, frauta, quizais guitarra, e moitos que nunca escoitaron música antes dese intre claman ¡que grande é a música!!

Como esas verbas que liches non eran poesía, como esas melodías non eran música.

A música soa, cada nota contén en si mesma toda a grandeza, a infinitude, o esplendor do Universo, da vida. As notas que a acompañan, como tamén as que as rodean, modifican e amplian ou concretan milleiros de matices, de sentimentos, de sensacións. Como cada verba da verdadeira poesía, que en si debe conter toda a paixón do ser humano, todo a súa mediocridade ante un mundo infinito e descoñecido, toda a grandeza da súa alma, e cada verso debe matizar, ampliar ou concretar esas sensacións que son comúns en todos, ou case que todos, nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada